- En 4ºB están elaborando un relato pictografiado: A actividade consite en elaborar un breve relato baixo o título: A/O nena/o volve ao colexio. Unha vez elaborado deberán substituir algúns substantivos do relato polos debuxos que o representan formando así un relato pictografiado.
- En 5ºA están desenvolvendo un traballo de coñecemento do medio co seguinte título: A descrición dun ser vivo. Neste traballo o alumnado debe elexir un ser vivo en perigo de extinción e, no program Word, insertar unha táboa na que se traballen os distintos elementos da descrición dun ser vivo: hábitat, nome, características, fotografía, inimigos...
- En 6ºA o alumnado (xa coñecedor de anos anteriores do programa Power Point) están levando a cabo un traballo moi importante e do que se vai a beneficiar todo o alumnado do centro. O traballo consiste en elaborar unha presentación sobre as árbores, arbustos e cultivos de Galicia. Todas as aulas do centro elexiron unha árbore propia de Galicia para traballar aspectos como: a súa folla, o froito, a flor e outras características que lles son propias. Na presentación que elaboren deberán insertar estes elementos e deberanse axustar a tódolos niveis que existen no centro: dende Educación Infantil ata o sexto curso de Educación Primaria. O resultado final facilitaráselle ao profesorado titor de todo o centro para que o traballen na aula co seu alumnado.
Esperamos que vos guste.