jueves, 21 de marzo de 2013

O RELEVO DE GALICIA

Traballo elaborado polo alumnado de 4ºB no que se traballan de xeito multidisciplinar aspectos como: 
- O coñecemento do relevo, vexetación e fauna de Galicia. 

- Exercitación do programa de edición de textos Word. 

- A técnica de estudo: Os esquemas e resumo de textos. 

martes, 19 de marzo de 2013

CARTELEIRA A FAVOR DO NOSO MEDIO.

Na actualidade o alumnado de 5ºA e 6ºA están traballando na elaboración de carteis publicitarios cun tema común: O respecto polo noso medio. 
Esta temática ofrece moitas posibilidades e alternativas para confecionar un cartel: contaminación, reciclaxe, aforro enerxético, auga...etc.
Para  a súa elaboración traballamos co programa Publisher. 





A FAUNA NA LITERATURA GALEGA

Na aula de Informática o alumnado de 5ºA estivo practicando a elaboración dunha presentación co programa Power Point. Este traballo levou consigo a grabación e incorporación ao mesmo das voces do alumnado recitando os poemas de autores galegos que escribiron sobre animais típicos de Galicia.
No traballo que presentamos non podemos escoitar as súas voces xa que a aplicación Slideshare non permite subir presentacións con sonido. 
Polo tanto non nos queda máis remedio que deixarvos aquí a presentación para que vexades cómo traballaron os alumnos pero tedes que ser vós quen recitedes os poemas cando os vexades.


Este traballo foi realizado por Sheila e Alejandra.

PUBLISHER: Software para publicar infinidade de traballos.

O alumnado de 4ºB comezou o traballo co programa Publisher para elaborar un traballo que nos pediron dende Normalización Lingüística. 
Cosistía en confeccionar un póster sobre un animal típico de Galicia: a anduriña e vinculalo con poemas xa seleccionados e traballados previamente na aula. 
Na publicación (póster) o alumnado debería integrar unha fotografía do animal, o poema e o seu significado, unha foto do autor e unha breve descrición da sua vida. 

 Deixámosvos aquí o realizado por David e Sergio.