lunes, 19 de noviembre de 2012

miércoles, 14 de noviembre de 2012

PROXECTO: XOGUETES TRADICIONAIS GALEGOS

O alumnado de 4ºB pasouse todo o mes de outubro traballando nun proxecto moi interesente e motivante relacionado coa recuperación dos xoguetes tradionais galegos doutras épocas.
O proxecto foi multidisciplinar abarcando tódalas áreas de coñecemento.
Así, abordamos actividades de expresión escrita traballando distintos tipos de textos: invitacións, textos con pasos para a construción do xoguete, a carta...etc, tarefas relacionadas coa competencia dixital como a elaboración da presentación que se pode visualizar máis abaixo, o debuxo dixital e aprendemos a utilizar a cámara dixital, gardar as fotografías no ordenador e utilizalas para a presentación, actividades de expresión plástica e experiencias de construción de xoguetes como o asubío de abelá, o reque reque, o tres en raia...etc.
Tamén tivemos sesións de xogos no patio: billarda, ás bolas, a fonda, o xogo das chapas, o sete e medio, o tres en raia...etc. Aquí tedes o resultado final; unha presentación na que se pode ver o traballo do alumnado.