Estamos facendo probas para aprender a crear contos coas tablets.
Estos son algúns dos que xa están feitos por 1ºA e 2ºA
Blogue do Equipo de Tecnoloxías da Información e Comunicación do CEIP Coirón Dena no que se mostran os traballos que o alumnado desenvolve ó longo do curso.
domingo, 1 de junio de 2014
Un OVNI no patio do CEIP Coirón
Cun programiña das tablets creamos este vídeo e logo os alumnos de 6ºA elaboraron unha novas moi orixinais. Mirade, mirade!!
A NAVE ESPACIAL
Onte pola mañá
unha nave espacial foi vista por primeira vez no CEIP Coirón-Dena. Os nenos e
nenas, moi asustados intentaron tirarlle pedras para que marcharan os
extraterrestres. Coseguírono pero a nave saíu voando hacia a libraría de Dena.
Alí chocou contra o escaparate. A dona do establecemento arranxoulle a nave e
deulle de comer e os extraterrestres marcharon. Os veciños de Dena estaban
contentos con Raquel, así é como se chama a dona da tenda.
UN OVNI NA ESCOLA
Onte, 21 de
xaneiro do 2014, por primeira vez, os alumnos e alumnas do CEIP Coirón-Dena
tiveron a experiencia de ver… un OVNI(Obxecto Voador Non Identificado). Todos e
todas quedadon impresionados.
“É incrible”
dicía o mestre de Música, “Impresionante” o de Educación Física. O ovni non
fixo mal a ninguén pero abduciu unha árbore, unha portería e as dúas canastras
de baloncesto. Según os científicos expertos en casos estraños, os
extraterrestres que pilotaban a nave necesitaban ese material para fundilo e
crear novas armas
Será a guerra
entre os humanos e os extraterrestres?
UN OVNI ASUSTA ASO RAPACES E RAPAZAS DO CEIP COIRON-DENA
O luns pasado
ás 11:30h, na hora do recreo, apareceu voando un ovni no CEIP Coirón-Dena
asustando aos nenos e nenas do centro. Ao parecer esta nave espacial procedía
do planeta Circalama. Ao aterrar no patio do colexio todos os rapaces, rapazas
e incluso os Mestres foron esconderse. Ao saís da nave, os marcianiños, parecían inofensivos,así que os nenos e nenas
do centro empezaron a saír dos seus agochos e acercarónse a eles. Acabáron
facéndose amigos!Os alumnos e alumnas fixeran uns novos e interesantes
compañeiros. Esperamos que esta amizade siga por moito tempo!!!
UN COLEXIO E UNHA NAVE ESPACIAL
Unha nave espacial caeu onte
sobre o colexio Coirón- Dena.
Onte, ás
09:00h no CEIP de Coirón-Dena aterrou unha nave estraña. Todos os nenos e nenas
asustáronse cando viron o ovni. Avisaron aos Mestres e estes saíron comprobalo.
A nave parecía que non tiña moi boas intencións así que houbo que desaloxar o
centro. Hoxe as clases xa volveron á normalidade
Un dinosaurio no recreo do CEIP Coirón de Dena
Coas tablets estamos a facer moitas cousiñas novas. Este vídeo foi grabado cunha tablet e logo os alumnos de 6ºA elaboraron unhas novas sobre o acontecemento.
O CARNOTAURO ATACA EN
DENA
Os científicos
Pablo, Raúl e Suel estaban experimetando cun carnotauro conxelado cando un
fallo fixo que se desconxelara e escapouse do laboratorio. Foi dar a un
colexio, o CEIP Coirón-Dena. O animal a pesares de ser carnívoro era moi
pacífico. Se non se sinte atacadado, non ataca. Apareceu no patio na hora do
recreo. Os nenos e nenas ao velo asustáronse moito pero o animal non lles fixo
nada. Os Mestres chamaron inmediatamente aos do Seprona que conseguiron
reducilo. Agora o carnotauro está no zoo de Vigo para que todos poidan
disfrutar deste animal prehistórico.
UN NOVO ALUMNO
Un dinosaurio
apareceu onte no patio do CEIP Coirón-Dena mentres os rapaces e rapazas tomaban
a súa merenda e xogaban tranquilamente no patio. Aínda non se sabe que
dinosaurio é porque pasou rápido e ninguén o puido fotografar.O conserxe do
colexio que é un especialista en dinosaurios cre que probablemente este animal
estivo atrapado nalgún sitio cando se extinguiron e despois de tanto tempo
conseguiu saír e buscaba algo de comer, por iso iría cara o centro. Como todos
os nenos , nenas, Mestres e mestras saíron correndo non lle deu tempo a comer …
UN TIRANOSAURUS REX CHEGA AO PATIO DO CEIP
COIRÓN-DENA
Hoxe, venres,
24 de xaneiro, un tiranosaurus rex chegou ao centro do patio do CEIP
Coirón-Dena. Os Mestres dixeron que non sabían como ocurrirá tal, que
probablemente se escapara do Xurasic Parque…Ese dinosaurio anda solto e pode
facerlle mal a alguén. Os nenos e nenas máis pequenos asustáronse pero os
maiores tranquilizáronos. Chamaron ao Seprona pero non contestaban. Entón
chamarron aos gardas forestais e cando estes chegaron ao colexio…O tiranosaurus
xa marchara!!!Os Mestres e mestras respiranon aliviados e os nenos e nenas
continuaron xogando.
VOLVEMOS Á PREHISTORIA
Onte, no CEIP
Coirón-Dena, saíu de debaixo da terra un dinosaurio, e, como era quen de falar,
díxolles aos nenos e nenas que estiveran tranquilos que non lles ía facer mal,
que só viñera para divertirse porque no centro
da Terra non o pasaba ben.
O dinosaurio
estivo xogando e divertíndose cos nenos e nenas. Pasadas dúas horas, o animal
prehistórico volveu para a súa casa, no centro da Terra.
UN DINOSAURIO INVADE O CENTRO ESCOLAR DE DENA
Onte pola mañá
os nenos e nenas do CEIP Coirón-Dena como todos os días estaban xogando
tranquilamente na hora do patio cando, de súpeto, un dinosaurio entrou no
recinto escolar. Os rapaces e rapazas, como estaban moi asustados chamaros aos
Mestres e mestras. Estes avisaron ao refuxio de animais, pero os do refuxio non
podían facer nada porque tiñan medo de que o animal lles fixese mal. Chamaron
entón a un científico especializado en dinosaurios que lle puxeron unha vacina
para cálmalo.
Así foi como
puideron lévalo dalí ata un lugar especial onde poder averiguar como un dinosaurio
puido chegar a Dena.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)