domingo, 1 de junio de 2014

Un dinosaurio no recreo do CEIP Coirón de Dena

Coas tablets estamos a facer moitas cousiñas novas. Este vídeo foi grabado cunha tablet e logo os alumnos de 6ºA elaboraron unhas novas sobre o acontecemento.


O CARNOTAURO ATACA EN DENA
Os científicos Pablo, Raúl e Suel estaban experimetando cun carnotauro conxelado cando un fallo fixo que se desconxelara e escapouse do laboratorio. Foi dar a un colexio, o CEIP Coirón-Dena. O animal a pesares de ser carnívoro era moi pacífico. Se non se sinte atacadado, non ataca. Apareceu no patio na hora do recreo. Os nenos e nenas ao velo asustáronse moito pero o animal non lles fixo nada. Os Mestres chamaron inmediatamente aos do Seprona que conseguiron reducilo. Agora o carnotauro está no zoo de Vigo para que todos poidan disfrutar deste animal prehistórico.

UN NOVO ALUMNO
Un dinosaurio apareceu onte no patio do CEIP Coirón-Dena mentres os rapaces e rapazas tomaban a súa merenda e xogaban tranquilamente no patio. Aínda non se sabe que dinosaurio é porque pasou rápido e ninguén o puido fotografar.O conserxe do colexio que é un especialista en dinosaurios cre que probablemente este animal estivo atrapado nalgún sitio cando se extinguiron e despois de tanto tempo conseguiu saír e buscaba algo de comer, por iso iría cara o centro. Como todos os nenos , nenas, Mestres e mestras saíron correndo non lle deu tempo a comer …

UN TIRANOSAURUS REX CHEGA AO PATIO DO CEIP COIRÓN-DENA
Hoxe, venres, 24 de xaneiro, un tiranosaurus rex chegou ao centro do patio do CEIP Coirón-Dena. Os Mestres dixeron que non sabían como ocurrirá tal, que probablemente se escapara do Xurasic Parque…Ese dinosaurio anda solto e pode facerlle mal a alguén. Os nenos e nenas máis pequenos asustáronse pero os maiores tranquilizáronos. Chamaron ao Seprona pero non contestaban. Entón chamarron aos gardas forestais e cando estes chegaron ao colexio…O tiranosaurus xa marchara!!!Os Mestres e mestras respiranon aliviados e os nenos e nenas continuaron xogando.

VOLVEMOS Á PREHISTORIA
Onte, no CEIP Coirón-Dena, saíu de debaixo da terra un dinosaurio, e, como era quen de falar, díxolles aos nenos e nenas que estiveran tranquilos que non lles ía facer mal, que só viñera para divertirse porque no centro  da Terra non o pasaba ben.
O dinosaurio estivo xogando e divertíndose cos nenos e nenas. Pasadas dúas horas, o animal prehistórico volveu para a súa casa, no centro da Terra.

UN DINOSAURIO INVADE O  CENTRO ESCOLAR DE DENA
Onte pola mañá os nenos e nenas do CEIP Coirón-Dena como todos os días estaban xogando tranquilamente na hora do patio cando, de súpeto, un dinosaurio entrou no recinto escolar. Os rapaces e rapazas, como estaban moi asustados chamaros aos Mestres e mestras. Estes avisaron ao refuxio de animais, pero os do refuxio non podían facer nada porque tiñan medo de que o animal lles fixese mal. Chamaron entón a un científico especializado en dinosaurios que lle puxeron unha vacina para cálmalo.
Así foi como puideron lévalo dalí ata un lugar especial onde poder averiguar como un dinosaurio puido chegar a Dena.

No hay comentarios:

Publicar un comentario