domingo, 1 de junio de 2014

Un OVNI no patio do CEIP Coirón

Cun programiña das tablets creamos este vídeo e logo os alumnos de 6ºA elaboraron unha novas moi orixinais. Mirade, mirade!!

 

A NAVE ESPACIAL
Onte pola mañá unha nave espacial foi vista por primeira vez no CEIP Coirón-Dena. Os nenos e nenas, moi asustados intentaron tirarlle pedras para que marcharan os extraterrestres. Coseguírono pero a nave saíu voando hacia a libraría de Dena. Alí chocou contra o escaparate. A dona do establecemento arranxoulle a nave e deulle de comer e os extraterrestres marcharon. Os veciños de Dena estaban contentos con Raquel, así é como se chama a dona da tenda.

UN OVNI  NA ESCOLA
Onte, 21 de xaneiro do 2014, por primeira vez, os alumnos e alumnas do CEIP Coirón-Dena tiveron a experiencia de ver… un OVNI(Obxecto Voador Non Identificado). Todos e todas quedadon impresionados.
“É incrible” dicía o mestre de Música, “Impresionante” o de Educación Física. O ovni non fixo mal a ninguén pero abduciu unha árbore, unha portería e as dúas canastras de baloncesto. Según os científicos expertos en casos estraños, os extraterrestres que pilotaban a nave necesitaban ese material para fundilo e crear novas armas
Será a guerra entre os humanos e os extraterrestres?


UN OVNI ASUSTA ASO RAPACES E RAPAZAS DO CEIP COIRON-DENA
O luns pasado ás 11:30h, na hora do recreo, apareceu voando un ovni no CEIP Coirón-Dena asustando aos nenos e nenas do centro. Ao parecer esta nave espacial procedía do planeta Circalama. Ao aterrar no patio do colexio todos os rapaces, rapazas e incluso os Mestres foron esconderse. Ao saís da nave, os marcianiños,  parecían inofensivos,así que os nenos e nenas do centro empezaron a saír dos seus agochos e acercarónse a eles. Acabáron facéndose amigos!Os alumnos e alumnas fixeran uns novos e interesantes compañeiros. Esperamos que esta amizade siga por moito tempo!!!

UN COLEXIO E UNHA NAVE ESPACIAL
Unha nave espacial caeu onte sobre o colexio Coirón- Dena.

Onte, ás 09:00h no CEIP de Coirón-Dena aterrou unha nave estraña. Todos os nenos e nenas asustáronse cando viron o ovni. Avisaron aos Mestres e estes saíron comprobalo. A nave parecía que non tiña moi boas intencións así que houbo que desaloxar o centro. Hoxe as clases xa volveron á normalidade

No hay comentarios:

Publicar un comentario